Laura M Castro
Son profesora titular na Universidade da Coruña (UDC), onde tamén son a directora da Cátedra CICAS, un proxecto conxunto entre a UDC e Sngular para impulsar a Ciencia Abierta a través do Software. Na mesma institución (UDC) tamén son parte do CEXEF (Centro de Estudios de Xénero e Feministas).
No mundo do software, son parte da comunidade BEAM (Erlang/Elixir & friends), onde son membro da Erlang Ecosystem Foundation e o seu Education Working Group.
Session
Este é o modelo de prompt que se usou, con diferentes variacións, nun experimento realizado en maio de 2023. Alén de tentar analizar a posible presenza de nesgos relacionados coas mulleres e a tecnoloxía nas repostas producidas por este coñecido LLM, a reflexión chega máis aló, dado que a produción de contido escrito é unha das manifestacións da creación de cultura.
A cultura é un dos vehículos fundamentais de transmisión de crenzas e comportamentos, e por tanto, cabe preguntarse, investigar e avaliar que tipo de "cultura artificial" estamos xerando automaticamente. Nesta charla, analizaremos as respostas obtidas, entre os que atoparemos aspectos pouco sorprendentes, mais tamén outros completamente inesperados.