Pablo Castro
Entusiasta de la tecnología y la cultura libre en GPUL y activista por la libertad de internet en Trackula, soy también organizador de AtlanticaConf e impulsor de CoruñaTech.
@castrinho18
Session
Como colaborar co software libre che axuda na vida profesional
Ano tras ano vemos como a tecnoloxía é un campo con moita saída laboral, moito sitio onde innovar e aprender cousas modernísimas e con tobogáns nas oficinas pero cando chegas a currar atópaste con código en Java 4, horas extra sen pagar e con unha cultura empresarial moi lonxe do que debería ser.
Nesta charla queremos falar da nosa experiencia polas diversas empresas polas que pasamos e facer unha intro ao noso sector para darche uns cuantos consellos prácticos co obxectivo de que a túa saída laboral sexa como ten que ser e non caias onde non debes ;)
Tamén veremos de que vai iso do software libre, de como a idea de compartir coñecemento está a cambiar o mundo e do importante que é para o teu futuro profesional xa que ao final, para as empresas que importan, participar no software libre é o teu novo currículum.
Transparencias: https://i.gal/guia-fora-fic