AtlanticaConf 2023

Cris Barreiro

Android Engineer. A informática e ela atopáronse case por casualidade, pero agora non se imaxina facendo outra cousa. Leva dende 2016 desenvolvendo aplicacións para Android, aínda que ten un pasado escuro facendo iOS, Ionic, e incluso algo de desenvolvemento web. Tamén o intentou coa xestión pero... Digamos que non saíu ben. Nos seus ratos libres organiza saraos tech e, como non podía ser doutro xeito, ve infinidade de vídeos sobre avións. Como boa galega, nunca di que non a unha boa comida con sobremesa, especialmente se é en boa compaña


Twitter

@CrisBarreiro_


Session

09-23
10:00
35min
Post-mortems, ou que podemos aprender da industria da aviación
Cris Barreiro

Nesta charla exploraremos os segredos da industria da aviación e descubriremos como cada accidente ou incidente é estudado coidadosamente co obxectivo de mellorar a seguridade dos voos.
Falaremos de como nesta industria as investigacións non pretenden buscar culpables, senón previr futuros sucesos semellantes, e descubriremos como podemos aplicar esas mesmas técnicas ao desenvolvemento de software, empregando para iso a técnica dos post-mortems.

Prepárate para despegar nunha viaxe emocionante, onde desvelaremos os principios fundamentais que fixeron da aviación un dos sectores máis seguros do mundo, e aprenderemos como podemos adaptar estas valiosas leccións para evitar erros futuros e mellorar a fiabilidade dos nosos proxectos de software.

Non perdas esta oportunidade de aprender técnicas que levarán o teu traballo a novas alturas!

Track Verne
Track Verne (Salón de actos)