AtlanticaConf 2023

Guía para sobrevivir fóra da FIC
2023-09-22 , Track Verne (Salón de actos)
Language: Galician

Como colaborar co software libre che axuda na vida profesional

Ano tras ano vemos como a tecnoloxía é un campo con moita saída laboral, moito sitio onde innovar e aprender cousas modernísimas e con tobogáns nas oficinas pero cando chegas a currar atópaste con código en Java 4, horas extra sen pagar e con unha cultura empresarial moi lonxe do que debería ser.

Nesta charla queremos falar da nosa experiencia polas diversas empresas polas que pasamos e facer unha intro ao noso sector para darche uns cuantos consellos prácticos co obxectivo de que a túa saída laboral sexa como ten que ser e non caias onde non debes ;)

Tamén veremos de que vai iso do software libre, de como a idea de compartir coñecemento está a cambiar o mundo e do importante que é para o teu futuro profesional xa que ao final, para as empresas que importan, participar no software libre é o teu novo currículum.

Transparencias: https://i.gal/guia-fora-fic


Nivel esperado de la audiencia?:

Introductorio

Entusiasta de la tecnología y la cultura libre en GPUL y activista por la libertad de internet en Trackula, soy también organizador de AtlanticaConf e impulsor de CoruñaTech.

Activista do software libre, teño participado en varios colectivos como GPUL, Python Coruña, KDE, Bricolabs... Actualmente comparto coñecemento ensinando informática en distintos niveis educativos no Liceo "La Paz".