AtlanticaConf 2023

De Black Mirror a Pokémon Go: unha viaxe pola Realidade Estendida
2023-09-23 , Track Verne (Salón de actos)
Language: Galician

Nesta charla, Aida Vidal, investigadora de novas tecnoloxías de Realidade Estendida (RX) na UDC, explicará que é a RX e as diferenzas que existen entre a Realidade Aumentada, Mixta e Virtual (RA, RM, RV) usando exemplos prácticos da vida cotiá. Onde está escondida a RX no noso día a día? Como podemos usala no noso beneficio?

Ademais disto, falará dos proxectos de investigación nos que participa, onde está nunha constante busca de novas formas de aplicar a Realidade Estendida para a mellora de accións de formación, renovación de procesos en contornas industriais e tamén ir un paso máis alá no mundo dos videoxogos e experiencias colaborativas.


Nivel esperado de la audiencia?

Introductorio

Enxeñeira Informática especializada en computación e gráficos. Investigadora de novas tecnoloxías de Realidade Estendida, rematando os estudos de doutoramento no Programa de Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles.