AtlanticaConf 2025

Icia

Son enxeñeira informática. Non levo moitos anos traballando, uns 4 máis ou menos. Mais os que levo os traballei: de backend en Barkibu; de analista de datos en Vegalsa-Eroski; e actualmente intento ser full-stack traballando con sistemas embebidos con Erlang en Peer Stritzinger GmbH. Encantanme as linguaxes BEAM como Erlang e Elixir: tanto a nivel técnico e conceptual como pola súa incrible comunidade.

Ademais, tamén son estudante de Psicoloxía, algo que, sen dúbida, me axuda un montón no mundo da informática :)


Twitter (X)

IciaCB


Sessions

06-13
11:50
60min
WeBEAMxuntiñes: a comunidade BEAM en Galicia
Laura M Castro, Icia, Carlos Alonso Ferreira, Carla Rodríguez, David González Piñeiro

As tecnoloxías da BEAM (Erlang, Elixir, Gleam,...) levan anos sendo a pedra angular de sistemas altamente distribuídos, escalables e resilientes. Estas tecnoloxías, ás veces descoñecidas para moita parte da comunidade desenvolvedora, teñen en Galicia, e en particular na FIC, un xerme que se mantén ao longo do tempo e permite colocar á nosa comunidade no mapa mundial da BEAM.

Adaptando o motto #weBEAMtogether da comunidade BEAM, queremos ter un lugar de encontro para estudantes e profesionais interesados nestas tecnoloxías: #weBEAMxuntiñes!

Track comunidades AGASOL (Lab 0.1)
Track comunidades AGASOL
06-14
10:45
35min
GRiSP o rescate: Unha pinga de Erlang/Elixir para Eustaquia
Icia

Eustaquia é unha planta ben riquiña. Non, en serio, é simpatiquísima. De feito, so ten un pequenísimo defecto: precisa auga. Pero bueno, quen non ten algún que outro pequeno defecto? Eu, sen ir máis lonxe, non me lembro nin do que cenei onte… e moito menos de se reguei ou non á pobre Eustaquia.

Isto ten que rematar. Eustaquia merece unha vida mellor. Quizais cunha plaquiña que leve a máquina virtual de Erlang (GRiSP), un sensor para medir a humidade da terra e un mini proxecto, podamos atopar a solución.

Acompañádeme nesta aventura?

Track OpositaTest (Aula 3.3)
Track OpositaTest