AtlanticaConf 2025

Carolina Figueroa

💻 Obreira do Pixel
Traballo na intersección onde a estética abraza a funcionalidade, construíndo pontes entre o que se deseña e o que se vive na pantalla.

🐶 Ministra de Felicidade Canina
Fundadora do Clube de Fans de Boo (se non coñeces este peluche, temos que falar).

🍋 Bebo Bitter Kas como e como limóns
Como nas boas interfaces: equilibrio entre forma e función, co toque de rebeldía áceda que lle da carácter.

🎵 Bonus Track
Canto por Franco Battiato

✨ E cando non estou diante da pantalla?
Colecciono cristais do mar, devoro libros coma se foran tickets de Jira
e son voluntaria en programas de alfabetización dixital, porque a tecnoloxía debería conectar, non excluir.


Session

06-13
17:00
35min
A empatía está sobrevalorada: como as boas intencións estragan produtos
Carolina Figueroa

É realmente a empatía a solución para comprender as necesidades dos usuarios? Nesta charla, cuestionaremos a idea de que a empatía é sempre a resposta e exploraremos os seus límites, riscos e alternativas.

A empatía mal entendida pode levar a prácticas pouco efectivas ou incluso daniñas. Por exemplo, a simulación de discapacidades, aínda que ben intencionada, pode caer en estereotipos e simplificar problemas complexos.

Proporemos enfoques alternativos, como a colaboración directa, a aplicación de datos inclusivos e a adopción de marcos éticos que prioricen a autonomía e a dignidade das persoas.

Esta charla está dirixida a profesionais do deseño, desenvolvedores, xestores de equipos e calquera persoa interesada en innovación inclusiva. O obxectivo é inspirar á audiencia a repensar o papel da empatía no deseño e adoptar prácticas máis rigorosas e respectuosas para comprender e resolver os problemas dos usuarios.

Track Raiola Networks (Salón de actos)
Track Raiola Networks