Laura M Castro
Son profesora titular na Universidade da Coruña (UDC), onde tamén son a directora da Cátedra CICAS, un proxecto conxunto entre a UDC e Sngular para impulsar a Ciencia Abierta a través do Software. Na mesma institución (UDC) tamén son directora do CEXEF (Centro de Estudios de Xénero e Feministas).
No mundo do software, son parte da comunidade BEAM (Erlang/Elixir & friends), onde son membro da Erlang Ecosystem Foundation e o seu Education Working Group.
@lauramcastro.bsky.social
Session
As tecnoloxías da BEAM (Erlang, Elixir, Gleam,...) levan anos sendo a pedra angular de sistemas altamente distribuídos, escalables e resilientes. Estas tecnoloxías, ás veces descoñecidas para moita parte da comunidade desenvolvedora, teñen en Galicia, e en particular na FIC, un xerme que se mantén ao longo do tempo e permite colocar á nosa comunidade no mapa mundial da BEAM.
Adaptando o motto #weBEAMtogether da comunidade BEAM, queremos ter un lugar de encontro para estudantes e profesionais interesados nestas tecnoloxías: #weBEAMxuntiñes!