AtlanticaConf 2025

Pablo Villot Guisán

Staff Engineer en el area de Plataforma de Cabify, creando servicios centrales que proporcionen capacidades cross al resto de areas. Más de 12 años de experiencia como arquitecto de soluciones y desarrollador fullstack llevando a cabo proyectos en múltiples sectores: retail, logística, utilities, banca, fintech.... y tipos de organización: consultoría, cliente final, startup...


Session

06-13
10:30
35min
Veciños invasores
Edu Salguero, Pablo Villot Guisán

Quen nunca tivo veciños ruidosos? Hai de todo no mundo, desde veciños descoidados ata veciños que intentan entrar na túa casa ou veciños que acaban sendo amigos.

"Veciños invasores" aborda como deseñar sistemas de software distribuído (calquera sistema no que os compoñentes se comunican a través dunha rede) onde diferentes artefactos de software "coexisten harmoniosamente".

O tema trátase dende dous puntos de vista. Un primeiro punto de vista que mediante o establecemento de acordos e obxectivos (SLI, SLO, SLA) permite establecer métricas para avaliar e garantir a calidade e o rendemento dun servizo ou sistema.

E un segundo punto de vista, máis táctico, que a través da implantación de patróns permítenos axudar a deseñar sistemas máis resistentes que se comporten mellor ante fallos, erros ou situacións adversas e que respecten os artefactos que interactúan, contribuíndo así a cumprir o nivel de obxectivos de servizo pactado.

En resumo, como nun sistema de software hai que haber normas e límites, ademais de boa vontade, para vivir en paz e harmonía, como en calquera comunidade de veciños.

Track Raiola Networks (Salón de actos)
Track Raiola Networks