Cris Barreiro
Android Engineer. A informática e ela atopáronse case por casualidade, pero agora non se imaxina facendo outra cousa. Leva dende 2016 desenvolvendo aplicacións para Android, aínda que ten un pasado escuro facendo iOS e incluso algo de desenvolvemento web. Tamén o intentou coa xestión pero... Digamos que non saíu ben. Como boa galega, nunca di que non a unha boa comida con sobremesa, especialmente se é en boa compaña
@crisbarreiro.bsky.social
Session
En 2020, tras varios anos traballando en consultoría e startups, Cris Barreiro sentía que ese tipo de empresas non eran o seu lugar nese momento da súa carreira profesional e a súa vida. Despois de reflexionar sobre a súa carreira profesional, decidiu lanzarse á aventura e probar sorte en grandes empresas internacionais de produto coa intención de aprender sobre os seus procesos de selección e entender como prepararse para eles.
Pero... por onde comezar? É posible atopar esas oportunidades cando facer a maleta non é unha opción? Que é unha system design interview?
Se tés curiosidade por como son este tipo de procesos e non queres enfrontarte a eles sen mapa nin brúxula, este Open Space é o teu lugar. A través da súa experiencia como candidata en scaleups e grandes tecnolóxicas, así como ex-entrevistadora técnica e formadora no proceso de selección de Spotify, Cris facilitará unha conversa sobre como son e como afrontar os procesos de selección nestas empresas.