2025-06-14 –, Track Raiola Networks
Language: Galician
Os sitios estáticos están a vivir unha segunda xuventude grazas aos seus innumerables beneficios e a grande oferta de xeradores que existen no mercado. Nesta charla coñeceremos Lume, un xerador feito en Galiza e usado por empresas como IBM ou Deno, da man do seu creador Óscar Otero e que destaca sobre todo pola súa flexibilidade e sinxeleza. Aprenderemos a crear un sitio web estático completamente funcional que incluso trae un CMS para editar os contidos por calquera persoa non tecnolóxica. E todo isto en menos de 7 minutos (que é o que dura a presentación).
Introductorio
Deseñador dixital e desenvolvedor web, con amplia experiencia creando e xestionando proxectos de código aberto. Máis información na súa web https://oscarotero.gal/