2025-06-14 –, Track Raiola Networks
Language: Galician
Nesta charla exploraremos o que é un satélite, coñeceremos a situación actual do sector espacial e contarei un pouco a través da historia de Alén Space: de como un grupo universitario converteuse nunha empresa, con case 100 persoas no equipo e multitude de proxectos e satélites. Un resumo de moitas cousas contado en primeira persoa.
Introductorio
De Vedra e do Depor. Estudei Enxeñería de telecomunicacións en Vigo e comecei a traballar no campo dos pequenos satélites na Universidade en 2013. Tras varios anos na Universidade en 2019 decidimos montar Alén Space empresa da que son actualmente o director de desarrollo de negocio. Gústame o teatro e en xeral todo o que sexa falar.