AtlanticaConf 2023

José Antonio González Nóvoa

Membro de Enxeñería Sen Fronteiras. Enxeñeiro con especial interese na parte máis social da tecnoloxía. Montañeiro e cicloturista. Actualmente realizando a tese doutoral no campo da intelixencia artificial aplicada a datos biomédicos.


Twitter

@ESFGALICIA


Sessions

09-22
18:00
35min
Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre (Enxeñería Sen Fronteiras)
José Antonio González Nóvoa, raivenra

Os Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre teñen varios obxectivos:

  • Difusión das tecnoloxías libres e da soberanía dixital
  • Fomento da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos co fin de aumentar a súa vida útil. Isto implica unha redución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais necesarios na fabricación.
  • Redución da fenda dixital

Actualmente existen en Galicia 5 bancos, que xorden da colaboración de diversas asociacións e da implicación de ONG de carácter social, que son as que nos permiten canalizar o equipamento ás persoas que o precisan. Tamén ofrecemos formación a usuarios e talleres de reparación abertos ao público, coñecidos como Repair Café. Impartimos charlas en diversos institutos, chamando a atención sobre a orixe dos materiais empregados na fabricación, e o que acontece coa súa eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia).

Track comunidades
Track comunidades (Aula 0.6)
09-22
18:45
60min
Reunión de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre (Enxeñería Sen Fronteiras)
José Antonio González Nóvoa, raivenra

Interésache o mundo do software libre e da reutilización de material electrónico? As persoas que formamos parte da Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia aproveitamos a celebración da AtlánticaConf para reunirnos e comentar como nos foi no último ano.

Ademais, tamen convidaremos a outros proxectos e asociación amigas de fóra de Galicia que tamen están metidas no tema da reutilización electrónica empregando software libre para que nos conten as suas experiencias.

Os obxectivos principais do que facemos é a difusión do software libre, a promoción da electrónica ética, e a diminución da fenda dixital existente. Se che interesan este tema, convidámoste a que nos acompañes.

Track comunidades
Track comunidades (Aula 0.6)