AtlanticaConf 2023

Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre (Enxeñería Sen Fronteiras)
09-22, 18:00–18:35 (Europe/Madrid), Track comunidades (Aula 0.6)
Language: Galician

Os Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre teñen varios obxectivos:

  • Difusión das tecnoloxías libres e da soberanía dixital
  • Fomento da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos co fin de aumentar a súa vida útil. Isto implica unha redución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais necesarios na fabricación.
  • Redución da fenda dixital

Actualmente existen en Galicia 5 bancos, que xorden da colaboración de diversas asociacións e da implicación de ONG de carácter social, que son as que nos permiten canalizar o equipamento ás persoas que o precisan. Tamén ofrecemos formación a usuarios e talleres de reparación abertos ao público, coñecidos como Repair Café. Impartimos charlas en diversos institutos, chamando a atención sobre a orixe dos materiais empregados na fabricación, e o que acontece coa súa eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia).


Nivel esperado de la audiencia?

Introductorio

See also: Presentación

Membro de Enxeñería Sen Fronteiras. Enxeñeiro con especial interese na parte máis social da tecnoloxía. Montañeiro e cicloturista. Actualmente realizando a tese doutoral no campo da intelixencia artificial aplicada a datos biomédicos.

This speaker also appears in: